Rede de bibliotecas

Usuario
Contrasinal
Aceptar

   
 
  ¿Cómo buscar rexistros bibliográficos?

BUSCA:

Na busca pódense utilizar maiusculas ou minúsculas indistintamente e con ou sin acentos.Os caracteres mínimos de busca son tres agas na busca por ISBN que ten que ter como mínimo catro caracteres.

 

TIPOS DE BUSCA:

O sistema permite a busca por tres tipos.

 

Listado alfabético: Recupera os rexistros por orde alfabética a partir da/s palabra/s introducidas como termos de busca no campo seleccionado.

 

Frase ou texto: Recupera os rexistros que conteñan a/s palabra/s ou cadea de caracteres introducidas como termos de busca no campo seleccionado independentemente da sua ubicación.

 

Frase exacta: Recupera os rexistros que conteñan exactamente a/s palabra/s introducidas como termos de busca no campo seleccionado.

 

CAMPOS DE BUSCA:

 

O sistema permite a busca por seis campos. Na parte inferior do campo “Valor” están as opcións de selección de campos de busca. Se pode seleccionar calquera dos campos en combinación co tipo de busca.

 

Título:          Busca o termo/s no campo título

Autor:           Busca o termo/s no campo autor

Materia:      Busca o termo/s no campo materia

Serie:            Busca o termo/s no campo serie

Editorial:    Busca o termo/s no campo editorial

ISBN:           Busca o termo/s no campo ISBN

 

Pantalla de acceso a lista alfabética:

 

Nos campos de consulta por título, autor, materia, serie e editorial premendo no botón ‘Buscar’ aparecerá a lista alfabética dos valores rexistrados. Pódese seleccionar un rexistro da lista e premelo botón ‘Ver’ para capturalo valor.

 

 

RESULTADOS DA BUSCA:

 

Unha vez presentados os resultados da busca se pode ve-la información de cada rexistro premendo no botón ‘Ver’ asociado a cada un deles.

 

Formatos de vistas:

 

Etiquetas: Rexistro completo en formato de etiquetas. Este formato permite visualiza-los principias datos do rexistro

ISBD: Esta vista ten o rexistro completo en formato ISBD.

 

           

EXEMPLOS DE BUSCA:

 

Pasos a seguir na busca:

 

1º.- Pensa nos datos que coñeces do documento a buscar: ¿o autor?, ¿o título?, ¿a materia?... Según o dato que se coñeza, seleccionaremos o campo adecuado.

 

2º.- Decidir se buscamos a palabra enteira ou parte dela. Según decidamos así escolleremolo “tipo de busca”.

 

3º.- Introducila/s palabra/s pola que facerla búsca.

 

4º.- Premelo botón Buscar.

 

Exemplos lista alfabética:

           

Nas buscas por lista alfabética pódese buscar polo valor completo ou por parte. Se introducimos parte do valor este será sempre o comenzo do mesmo.

 

Busca por autor:

Na busca alfabética sempre a partir do primeiro apelido.

Rivas

Rivas, Manuel e non Rivas Manuel

López Pérez

 

Podes buscar tamén o nome dunha organización ou dun congreso.

            Consellería de Cultura e Deporte

            ONCE

 

Busca por título:

Temos que introducilo título completo ou parte. Se introducimos parte, esta corresponderá o comenzo do título. Sempre sen o artigo inicial.

Lingua das volvoretas e non A lingua das volvoretas

Misterio dos fillos de Lúa e non fillos de Lúa

 

Busca por materia:

Introducimola palabra que define o tema que nos interesa, tamén son materias nomes

de persoas, entidades, congresos e títulos. Se introducimos parte, esta correspon-derá o comenzo da materia.

Galicia

Arquitectura

 

Busca por serie:

Introducimola palabra a buscar e seleccionamolo campo serie. Se introducimos parte, esta corresponderá o comenzo da serie. No campo da descrición da serie tamén forma parte o artigo se o tivera.

A nosa memoria e non nosa memoria

Biblioteca das Letras Galegas e non Letras Galegas

 

Busca por editorial:

Introduciolo nombre do editor comercial (non usalos términos edicións, editorial, editores).

Alianza e non Alianza editorial

           

Busca por ISBN:

Introducimo o número completo ou o comenzo. Sempre cun mínimo de catro caracteres.       

84-7680-311-7

84-76 e non 84-

 

Exemplos por frase ou texto:

 

Recupera os rexistros que conteñan a palabra/s ou cadea de caracteres introducidas como termos de busca no campo seleccionado independentemente da sua situación no texto. Calquera dos campos que seleccionemos funciona da mesma maneira.

 

Se queremos buscar títulos que conteñan a palabra ou cadea de caracteres “zoo” introducimolo termo no campo valor e prememolo botón buscar. Esta busca atoparía, por ejemplo, os títulos:

            Michi no Zoo

            Un Porco e unha vaca xa fan zoolóxico

            Tratado de microzooloxía

 

Exemplos por frase exacta:

 

Recupera os rexistros que conteñan exactamente a palabra/s introducidas como termos de busca no campo seleccionado.

 

Se queremos buscar títulos que conteñan a palabra exacta “zoo” introducimolo termo no campo valor e prememolo botón buscar. Esta busca atoparía, por exemplo, os títulos:

            Teo no Zoo e non Un Porco e unha vaca xa fan zoolóxico

            O Zoo do Pitus e non Tratado de microzooloxía

© Consellería de Cultura e Deporte
Centro Superior Bibliográfico de Galicia