|
Resume da obra A fascinación polas trampas do azar,a busca das coincidencias e o sentido das casualidades,todos eses fenómenos misteriosos que semellan saltar por riba do tempo,un significado oculto son os que Paul Auster utiliza para construír un mundo no que os encontros fortuítos se converten en destino:tal lle pasa a Walter Claireborne Rawley,un pillabán orfo de pai e nai que anda de esmoleiro polas rúas ata promete que lle ha aprender a voar.E logo de probas iniciáticas dolorosas,mediante un adestramenrto cruel,despois dunha mutilación e do soterraren vivo,Walt voa,levita.A forza centrífuga do narrado en Mr Vertigo-coches,estradas e teatros,linchamentos do Ku Klux Klan,secuestros,tiroteoe e velenos;o Chicago criminal da depresión e a Lei seca,o aborrecemento de despois da guerra-some o lector nesa mesma aprendizaxe,que ó cabo non é outra senón a dura aprendizaxe da existencia,da amizade,do amor e da morte.
|