Bibliotecas Catálogo referencia Axuda Suxestións Sitio Meiga Contactar
O Saviñao - B.P.M. de O Saviñao
Buscar por:  En:   

Omitir vínculos de navegación.
Información da biblioteca

Ampliar imaxe

Biblioteca do Saviñao

Dr. Portela, s/n
Escairón - O Saviñao
27540 Lugo

982 45 23 24
Luns a venres: inverno 10-14, 16.30-20 h ; verán 8 - 15 h
osavinao@rbgalicia.org

O tempo do concello



A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao ademais dunha páxina wiki e un blog, nos que se poden consultar as actividades a desenvolver e as xa realizadas, e nas que se pode deixar a opinión persoal sobre os temas tratados.
Tén tamén dispoñibles o seu catálogo de fondos e o catálogo de novidades para a súa consulta a través de internet.

A Biblioteca atópase nun vello edificio de pedra restaurado, coñecido antes como CUARTEL ou A CASA DA BOTICARIA, e que consta de 3 andares:
1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos), Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Xuvenil (14 postos) con máis de 11.000 volumes en acceso directo (os usuarios poden consultalos directamente sen solicitalos) e Administración.
3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet, escáner, impresora).

En 2008 visitaron a biblioteca máis de 7.500 persoas, das cales algo menos de 3.000 o fixo para consultar internet ou facer algunha consulta sobre a zona. O resto fíxoo acudindo ás actividades organizadas pola biblioteca, consultar ou levar libros da biblioteca. O número de socios é de 818 (ata setembro de 2009), dos cales se consideran activos (que levaron en préstamo algunha obra ó longo do ano) ó redor de 150.

Nos anos 2007 e 2008 o seu programa de animación recibiu un dos 350 premios 'María Moliner' de animación á lectura, que conceden cada ano o Ministerio de Cultura en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias e a Fundación Coca-Cola España na súa décima e undécima edición.

No ano 2009 recibiu un dos 50 premios Abril, mes dos libros que concedeu a Consellería de Cultura á programación do mes de abril.

Actividades que levan celebrándose varios anos:
*VISITAS: visitas escolares organizadas a petición dos colexios nas que se lles fala desde da orixe do libro ata a composición e estructura destes e cómo usar o índice e para qué serve o prólogo dun libro, visitas para festexar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril), visitas guiadas individuais ós novos usuarios
*CERTAMES E CONCURSOS: Certame de Narración e Debuxo infantil Día das Letras Galegas (maio), Certame de Poesía infantil de Nadal (decembro).
*OBRADOIROS: Entroido (compadres, comadres, máscaras e disfraces), San Valentín, Día da Nai, Día do Pai, festas de verán, Nadal, realización de xoguetes con material de refugallo, postais, elaboración de marcapáxinas, fabricación de bisutería, obradoiro de personaxes, ...
*OBRADOIROS FORMATIVOS: manexo de novas tecnoloxías (teléfono móbil, informática,...), e outros cursos.
*CELEBRACIÓNS: Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril), Día do Libro (23 de abril), Día das Letras Galegas (17 de maio), Día das Bibliotecas (24 de outubro), ...
*XORNADAS: xornadas de informática para nenos e para adultos, tamén sobre novas tecnoloxías (manexo de teléfonos mobiles, a TDT, ...).
*OUTRAS: na aula da biblioteca desenvólvense diversos cursos e o programa Preescolar na Casa.