¿Qué é Proxecto Meiga?
Ainda que nace como
unha aplicación de xestión de bibliotecas e que esa é a sua misión principal
non se debe olvidar que o proxecto alcanza outras dimensións como son as da
automatización dos procesos de catalogación, préstamos, etc, normalización de
datos bibliográficos, procesos de intercambio de información pola rede, e en
definitiva a integración de nosas bibliotecas nunha rede e a incorporación
delas na nova sociedade da información. Ve-la portada dun libro a consultar,
escoitar un tema dun CD de música, ver un trailer dunha película, ler
comentarios sobre un rexistro ou simplemente leer libros electrónicos en línea
é unha realidad co MEIGA. O proxecto naceu no ano 1997, dirixido polo Centro
Superior Bibliográfico de Galicia ca intención de crear un sistema básico,
integral e único para a xestión de bibliotecas pertencentes á rede de
bibliotecas de Galicia. De sinxela utilización e configurable polo usuario,
cubre as necesidades básicas dunha biblioteca para catalogación, recuperación e
préstamos, tamén adáptase a estándares de importación e exportación en formato
MARC, ISBD, reservas, estadísticas, etc..., manexando todo tipo de ficheiros
multimedia convírtese nunha atractiva ferramenta de consulta para o público e
unha potente aplicación para o bibliotecario.MEIGA é executable en calquera
ordenador que dispoña de sistemas operativos MS-DOS, Windows 95, 98, Me, 2000,
NT, XP. Funciona tanto en monoposto como en rede, non habendo recorte no número
de usuarios. MEIGA distribúese de forma totalmente gratuita, pola Dirección
Xeral de Promoción Cultural, entrégase cun manual e dous programas para postos
de consulta ó público: un para nenos e outro para o público en xeral. Co
servicio de comunicacións integrado dentro do propio programa os usuarios teñen
a posibilidade de acceder a redes virtuáis de bibliotecas, chats, mensaxes,
conversas, comunicación co mantemento, consulta dos catálogos, incorporación de
rexistros, etc., e todo en tempo real. O motor de búsqueda web e o editor
dixital de bases de datos son outros dos productos MEIGA. Dada a súa
flexibilidade e adaptabilidade está instalado en distintos tipos de
bibliotecas: museos, fundacións, asociacións culturais, etc., pódese utilizar
como ferramenta pedagóxica na aúla, en programas de fomento da lectura,
contando cun amplo respaldo da Comunidade Educativa. A extraordinaria expansión
que tivo esta aplicación dende o seu inicio, fai do PROXECTO MEIGA un proxecto
único e orixinal da nosa comunidade autónoma e no resto de España.
|
|
|
© Consellería de Cultura e Deporte |
|
Centro Superior Bibliográfico de Galicia |
|